Tipos de transmisión

A transmisión consiste no transporte de sinais entre un emisor  e un receptor que acordan utilizar un código común para darlle significado ós sinais e convertilos en datos ou información. Según como se entregue a transmisión a liña temos distintos tipos de transmisión.

O sincronismo  é o procedemento polo que o emisor e receptor se poñen de acordo sobre o instante  no que comeza e remata a información e sincronizarse é utilizar a mesma base de tempos durante  a  tansmisión.

Rendemento é a relación entre os bits de información enviados e o número total de bits transmitidos.

Según o sincronismo a comunicación pode ser de dous tipos: síncrona ou asíncrona.

  • Asíncrona: prodúcese cando a sincronización entre o emisor e o receptor se realiza por cada palabra de código transmitida. para isto utilízanse uns bits especiales que se antepoñen (bits de arranque ) e engaden (bits de parada) a cada palabra de código transmitida. Entre dous caracteres é posible manter a liña en reposo o tempo que sexa necesario. A sincronía restaurase en cada carrácter.Este sistema ten de ventaxa a súa sencillez  e de desventaxa o baixo rendemento da liña.
  • Sincrona: esixe que o emisor e o receptor sincronicen os seus reloxos antes da transmisión para asegurar unha duración dos bits constante a ambos extremos.Este sistema permite  maiores velocidades de transmisión e obtén un maior rendemento da liña.

Según o número de liñas de comunicación a transmisión pode ser en serie ou en paralelo.

  • Transmisión en serie: e aquela na que o canal consta dunha única liña de datos pola que se transmiten os sinais secuencialmente. E maís económica e axeitada para largas distancias.
  • Transmisión en paralelo:  e na que o canal consta de varias liñas de comunicación polo que permite transmitir simultaneamente un grupo de bits. E máis rápida que a transmisión en serie pero máis complexa. No mercado véndense conversores para estes dous tipos de transmisión.

Según o tipo de sinal a transmisión pode ser analóxica ou dixital.

  • Transmisión analóxica: e cando o que se transmite é un sinal analóxico, capaz de tomar todos os valores posibles dun rango .
  • Transmisión dixital: é cando o que se transmite é un sinal dixital que só pode tomar un número finito de valores.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: