Redes de ordenadores

  1. DEFINICIÓN: Unha rede de ordenadores é un sistema de ordenadores e outros dispositivos conectados entre sí mediante un soporte físico. A expresión redes de ordenadores utilízase cando, por medio da telemática, se leva a cabo a comunicación entre dous ou máis ordenadores. A principal finalidade da rede é compartir recursos.
  2. CLASIFICACIÓN DAS REDES SEGUNDO A ESCALA:
    1. Redes de área local: LAN é un conxunto de elementos físicos e lóxicos que proporcionan interconexión entre dispositivos nun área privada . Ten catro características: Area xeográfica limitada, velocidae de transmisión relativamente elevada, Privada, fiabilidade nas transmisións.
    2. Redes de área metropolitana MAN é unha rede de distribución de datos para un área xeográfica no contorno dunha cidade. Poden ser tanto públicas coma privadas.
    3. Redes de área extensa WAN é aquela que intercomunica equipos nun área xeográfica moi amplia , a nivel nacional, internacional e incluso planetario, coma no caso de Internet. Son pùblicas. A capacidade de transmisión é menor que nas LAN e as tasas de erros tamén son maiores.
    4. Redes de área persoal: son as que conectan dispositivos a poucos metros de distancia e normalmente para uso persoal.
  3. CLASIFICACIÓN DAS REDES SEGUNDO A TECNOLOXÍA DE TRANSMISIÓN UTILIZADA:
    1. Redes de difusión: son redes cun ámbito xeográfico moi reducido que conectan un número de equipos  tamén moi limitados. Son redes moi simples nas que os equipos e dispositivos se conectan a través dun único cable ou un concentrador. A ventaxa principal é a facilidade de transmisión de mensaxes a todos os equipos, o que se chama broadcasting.
    2. Redes punto a punto: Son redes nas que as conexións entre as máquinas establecense mediante dispositivos de interconexión, que garantizan a independencia dos enlaces.Non existe un medio de comunicación compartido por todos, no momento en que dúas máquinas desexan comunicarse establécese entre elas un medio adicado que permite a comunicación sen que ninguén as interrumpa.
  4. CLASIFICACIÓN DAS REDES SEGUNDO A FORMA DE OFRECER SERVIZOS:
    1. Redes entre iguais: é a forma máis básica, e consiste en que todos os ordenadores poñen a disposición dos demáis os recursos de que dispoñen, fundamentalmente discos e impresoras ningún ordenador está privilexiado, todos teñen as mesmas funcións, todos poden ofrecer e solicitar sevizos.
    2. Redes cliente-servidor: consisten en privilexiar polo menos a un dos ordenadores otorgándolle capacidades engadidas en forma de servizos que ofrece ao resto da rede. Estes ordenadores chámanse servidores. O resto de ordenadores que solicitan os seus servizos denomínanse clientes.. Os servidores son equipos especializados que normalmente contan cun hardware de maior potencia e capacidade e un software específico. O único problema deste tipo de redes é a alta dependencia do correcto funcionamento do servidor.
    3. Sistemas distribuídos: é un sistema máis complexo no que se conectan varios ordenadores e se procura crear un contorno de utilización tal que o usuario non perciba a existencia de múltiples sistemas, senón que ante el todo aparece coma un único sistema virtual.
  5. CLASIFICACIÓN DAS REDES SEGUNDO O MEDIO DE TRANSMISIÓN:
    1. Redes cableadas: son aquelas que utilizan canais condutores (cables) para a transmisión do sinal.
    2. Redes inalámbricas: utilizan o espacio libre para comunicarse mediante a transmisión de ondas electromagnéticas . Algúns dos estándares máis utilizados son wifi, wimax, bluetooth ,infravermellos , etc.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: