Medios de transmisión

Medio de transmisión é o soporte físico que facilita o transporte da información, o nexo físico que une os equipos terminais. Debe ser axeitado ao tipo de sinal físico que ten que transmitir. Hai unha serie de factores a ter en conta para elexir o máis adecuado:

  • Tipo de instalación na que é máis axeitado.
  • Tipo de sinais que pode transmitir.
  • Topoloxías que soporta.
  • Fiabilidade e vulnerabilidade.
  • Influencia de interferencias.
  • Economía e facilidade de instalación.
  • Seguridade e facilidade para intervir o medio

En función de como se conduce ou guía a información, a través dos medios de transmisión podemos clasificalos en:

  • Medios de transmisión guiados, nos que  a dirección na que circula a información ven imposta polo propio medio. Exemplos: cables de pares, cable coaxial, fibra óptica, rede eléctrica PLC, etc.
  • Medios de transmisión non guiados, nos que a emisión da información é omnidireccional ou parcialmente dirixida, pero nunca guiada. Exemplos: radio de onda curta, infravermellos, telefonía celular, microondas por satélite geoestacionario, redes de satélite de órbita baixa, etc.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: