Modelos de Referencia. Conceptos Básicos

♦ Porto.

E un identificador de aplicación que indica que aplicación debe tratar os datos que chegan a  máquina.

♦ Comunicacións Orientadas á Conexión

Son nas que antes de mandar a mensaxe ou datos seguindo un protocolo estipulado faise necesario un establecemento da comunicación entre emisor e receptor.

♦ Comunicacións Non Orientadas á Conexión

Son conexións que seguen outro protocolo diferente no que se pode establecer a comunicación sen  conexión previa entre o emisor e o receptor.

♦ Conmutación de Mensaxes

Tecnoloxía usada antiguamente mediante a cal as mensaxes non eran fragmentadas para a súa transmisión.

♦ Conmutación de Paquetes

Tecnoloxía utilizada na actualidade  en comunicacións dixitais entre equipos informáticos. O que viaxa pola rede son fragmentos de mensaxes máis grandes.

♦ ATM

Tecnoloxía de “Modo se Transferencia Asíncrono” donde as mensaxes son fragmentadas en pequenos paquetes de 52 bytes

♦ ACK / NACK

ACK :Mensaxe de confirmación que indica que as mensaxes foron recibidas correctamente.

NACK: Indica que a mensaxe non chegou correctamente e hai que reenviala.

♦ Cabeceiras

Información que se engade a os paquetes  cando se fragmentan e que permite o seu reensamblado no destino  e para non mezclar paquetes de distintas sesións As cabeceiras conteñen as direccións das máquinas de orixe e destino (direccións IP), direccións que serán usadas polos enrutadores (routers) para decidir o tramo de rede polo que reenviarán os paquetes. A cabeceira (header) é o primer campo dun datagrama .

♦ Control de Acceso ao Medio (MAC)

Mecanismo para evitar colisións nun medio de difusión compartido.

♦ Control de Fluxo

Consiste en controlar a velocidade de transmisión por parte do emisor mediante un diálogo co receptor.

♦ Control de Erros

E o que ten coma finalidade que os nodos intermedios “ROUTER”  e equipo destinatario podan comprobar e se é posible correxir os erros que se produciron durante a transmisión de paquetes a través do medio.

♦ Suma de verificación (Checksum)

Conxunto de bits que se engaden por parte do emisor na cabeceira para comprobar que non haxa erros.

♦ Modelos de Referencia

Son modelos a seguir para solucionar problemas seguindo uns mesmos protocolos. Son importantes o OSI e o TCP/IP , que é o máis implantado.

♦ Capa ou nivel

Son estructuras das funcións e servizos que se crean para simplificar o deseño de unha rede.

Dividen un problema en subproblemas e están xerarquizadas.

O número de capas, os servizos e funcións que ofrece cada capa varía segundo o tipo de rede.

A misión de cada capa e proveer de servicios as capas superiores e solicitar servicios ao nivel inferior.

♦ Entidades e entidades pares

Entidade é o elemento activo de cada unha das capas. Hai elementos hardware e software.

Entidades pares ou procesos pares: Conxunto formado por las entidades ou procesos en máquinas diferentes que están o mesmo nivel .

Son entidades da mesma capa residentes en distintos nodos.

♦ Protocolo

E un conxunto de reglas usadas por computadores para comunicarse uns con outros a través de unha rede.

Ofrécenos como normativas ou recomendacións as asociacións de estándares e os fabricantes axústanse a elas para garantir a compatibilidade entre eles.

♦ Interfaz

Interfaz é o modo en que cada capa negocia os servicios e se comunica coas capas adxacentes. O interfaz garantiza a independencia entre as funcións realizadas polas diferentes capas ou niveis e define ao mesmo tempo que servicios ofrece unha capa a outra.

A interfaz de usuario é  o medio co que o usuario pode comunicarse con unha máquina, un equipo ou unha computadora, e comprende todos os puntos de contacto entre o usuario e o equipo, normalmente solen ser fáciles de entender e fáciles de accionar.

♦Servicios

O cambio principal que as posibilidades tecnolóxicas  propiciaron foi a aparición de fórmulas de cooperación entre usuarios da rede, donde se rompe o paradigma clásico de proveedor-cliente.

A aparición de comunidades virtuales ou modelos cooperativos  proliferaron nos últimos años coa configuración  dun conxunto de  formas de traballo na rede, que se  recolleron baixo o concepto de Web 2.0 . Son servicios donde un proveedor proporciona o soporte técnico, a plataforma sobre a que os usuarios auto-configuran o servicio. Algúns exemplos son:

Servicios Peer to Peer (P2P)

Blogs

Comunidades virtuales

♦ Unidade de Datos de Protocolo (PDU):

Son os datos que se intercambian usando o protocolo N. Cada capa engade unha cabeceira aos datos con información para a interface e para a propia capa.

♦ Arquitectura de Rede

E un conxunto funcional concreto de capas e protocolos  entre entidades pares . Queda perfectamente especificada cando se enuncian as capas que a compoñen, o seus interfaces e a pila de protocolos que usa.

♦ Sistemas Abertos

Un sistema aberto é un sistema que non depende dunha arquitectura específica propietaria e está preparado para comunicarse con outro.

♦ Pila de Protocolos

Conxunto de protocolos que utiliza un determinado sistema e permite a transmisión de datos entre redes de computadores.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: