Modelo OSI

1. Breve historia.

  • Cómo xurdiu.

 Nas primeiras redes de comunicación,  cada fabricante establecía as súas propias normas de conexión e transmisión. Para  evitar confusións, os clientes de redes de comunicacións  e as organizacións internacionais de normalización   estableceron unha serie de modelos que sirviran de referecia a os fabricantes. Destes modelos destacou o OSI  (“Open Systems Interconnection”  “Interconexión de sistemas abertos”).

  • Qué organización o propuxo.

O modelo OSI foi proposto pola organización ISO  (“Internacional Organizatión for Standardización” , “Organizáción Internacional para a  Normalización ou Estandarización” ).

  • En qué modelo se basa.

Básase no modelo “SNA” de IBM.

2. Ventaxas e inconvenientes.

  • Ventaxas: non depende  de ningún fabricante e facilita a comunicación entre sistemas diferentes. A súa aportación máis importante foi a definición teórica do séu modelo arquitectónico de rede que sirveu como marco de referencia para describir e estudiar redes existentes. Trátase de un nivel de referencia moi ben definido.
  • Inconvenientes: e redundable e cuestionable en algúns puntos porque se levan a cabo funcións similares en distintas capas. Tampouco existe equilibrio entre as funcións que realizan as capas, algunhas están sobrecargadas e outras apenas fan nada. Pero o maior erro foi o tempo que tardaron os séus diseñadores en sacalo a luz co que outros modelos coma o TCP / IP  se lle adiantaron e se extenderon máis rápidamente usándose máis.

3. Diagramas ou gráficos dos niveis do modelo

4. Listado das 7 capas detallando as súas funcións e características.

  1. Capa física: está ligada coa transmisión dos bits. E a capa de máis baixo nivel e encárgase de adecuar o sinal da información as características do canal ( modular – demodular ) xunto co transporte do fluxo de bits entre o emisor e o receptor a través do medio de transmisión ( pares trenzados, fibra óptica, etc.) . Encárgase da codificación do canal, de modular  a sinal en función da información a transmitir, multiplexación , etc. A este nivel especifícanse todos os aspectos eléctricos, conectores, medios de transmisión, etc. Tamén especifica as conexións  mecánicas e de funcionamento físico para activar, manter, repetir, amplificar e desactiva-las conexions físicas entre nodos. O nivel do voltaxe, sincroniza os cambios de voltaxe, frecuencia de transmisión, distancia dos cables, conectores, etc.
  2. Capa de enlace: correspóndese ca segunda capa máis baixa e encárgase de funcións de control e garantizar unha transmisión fiable libre de errores para que o resto das capas superiores  podan manipular a información que lles chegou sin medo; tamén leva a cabo un control de fluxo para adecuar e axustar a velocidade de transmisión dos datos en función das características da rede e establecer un control de acceso ó medio compartido; polo tanto dentro de este nivel existen tres funcións básicas:  control de fluxo, control de erros e control de acceso o medio ( MAC, control de acceso ó medio e   LLC   control de fluxo e erros ).  Utiliza a dirección física dos nodos. Constrúe TRAMAS (2-PDU .  Non se ocupa do significado dos bits. Divídeos en bloques de nivel 2).
    As tramas envíanse secuencialmente pola liña a través dos servicios que ofrece a capa física e queda a espera dunha trama de confirmación  (xerada na capa de enlace do receptor), ocúpase das tramas erróneas/duplicadas. Tamén debe involucrarse na orde en que cheguen as tramas, regras de uso do medio físico e control do fluxo no medio .E diferente segundo a topoloxía da rede
  3. Capa de rede: encárgase de levar a cabo funcións coma a identificación de paquetes e o séu enrutamento a través da rede. Tamén pode segmentar os paquetes en trozos máis pequenos  para aproveitar mellor o ancho da banda. En este nivel os routers poden levar a cabo un control de congestión distribuindo os paquetes a trávés de distintos camiños no caso necesario coa finalidade de evitar a conxestión.   Ocúpase do control da subrede.  Entrega os paquetes (3-PDU) á rede correcta, ao nodo correcto, buscando o mellor camiño. Resolve o encamiñamento de paquetes entre redes distintas con sistemas de direccionamento diferentes, e que utilizan paquetes de distinto tamaño.  Fai o enrutamento e o direccionamento • Cada destino na subrede está identificado por unha dirección única.
  4. Capa de transporte: a súa función esencial e a do troceado e ensamblado dos paquetes nos que se divide a información e garantir a súa secuencialidade; tamén leva a cabo o control de erros controlando os paquetes recibidos e garantindo  a súa retransmisión . A veces tamén leva a cabo funcións de control de fluxo , multiplexación e identificación a través de un número de porto.      Transición entre niveis orientados á aplicación e á subrede. Recolle os datos da capa de sesión, fragmentaos de xeito que sexan aceptables pola subrede e asegúrase de que cheguen correctamente ao nivel de transporte do destinatario. Proporciona servicio de transporte abstraéndose do hardware e o software de baixo nivel que usa a subrede .Pode multiplexar conexións distintas por cada solicitude da capa de sesión  (de xeito transparente para o usuario) .Leva a cabo comunicacións peer to peer , de igual a igual (emisor a receptor).
  5. Capa de sesión: encárgase  de levar a cabo o control de sesións que se establecen sobre os servizos establecidos na rede ( HTTP, FTP, etc.) e emular unha comunicación dúplex. Tamén se levan a cabo funcións de sincronismo que permiten restablecer a comunicación en caso de algún corte. Tamén establece prioridades entre  as distintas sesións establecidas.  Establece, coordina e termina as conversacions entre aplicacions. Sincroniza o diálogo entre niveis de presentación (capa 6) de cada sistema. Mellora o servicio da capa de transporte. Determina se a comunicación será bidirecional ou simultánea. Establece o sistema polo que o emisor  e o receptor  toman a iniciativa na utilización dos recursos da rede (testigos). Consta de dúas etapasa →Establecemento da sesión e creación dun buzón de mensaxes da capa de transporte e subrede . bIntercambio de datos entre os buzóns do emisor e o receptor.
  6. Capa de presentación: define o formato de datos que se van a intercambiar entre aplicacións e ofrece a os programas de usuario un conxunto de servicios  relacionados coa transformación dos datos como comprensión ( maior aproveitamento do ancho de banda ainda que provoque pérdida da información ) e cifrado ( codifica a información garantindo confidencialidade ). Encárgase de adaptar os datos a forma en que serán tratados pola máquina.  Asegura que a información enviada pola capa de aplicación dun  nodo sexa entendida por la capa de aplicación do outro nodo.       Ocúpase da sintaxe e da semántica da información que se pretende transmitir. Investiga o contido informativo dos datos. Conversión de códigos. Representación gráfica. Encriptación ou compresión de datos
  7. Capa de aplicación: proporciona un medio a os programas de aplicación para que accedan o entorno de comunicacións OSI  garantizando transparencia o usuario , a través de unha interface de usuario , normalmente  GUI ( interfaz gráfica de usuario ). Define os protocolos que usarán as aplicacións e procesos dos usuarios. O nivel de aplicación lanza os mecanismos axeitados para realiza-la comunicación (servíndose dos servicios das capas inferiores). Identifica aos interlocutores.   Sabe se hai recursos suficientes para establece-la comunicación. Sincroniza aplicacións e establece acordos sobre os procedementos para controla-la integridade dos datos. Osi define grupos de protocolos –Protocolos de xestión do sistema, de xestión de aplicación, protocolos do sistema e protocolos específicos para aplicacións.  Ofrece os seus servicios ao usuario (non a outras capas do modelo OSI)
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: