Modelo TCP/ IP

  • Breve historia.

En 1969,  á  axencia de investigación ARPA encargóuselle crear un sistema de  interconexión de ordenadores que os mantivese conectados a distancia por medio dalgunha ruta que os unise. A  ARPA decidiu que a rede debía usar conmutación de paquetes e topoloxía mallada (múltiples alternativas para ir do orixen ao destino. Pouco a pouco as universidades e as empresas implicadas foron creando o que se chamou  “ARPANET “que era unha rede fiable e robusta que foi crecendo hasta que se fixeron experimentos utilizando outros medios de transmisión de datos como enlaces por radio  ou via satélite. Para mellorar o sistema, diseñouse unha nova pila de protocolos e unha nova arquitectura chamada  TCP/IP  (Transmisión Control Protocol / Internet Protocol) que procede de dous protocolos o  TCP  é o  IP .  ARPANET foi crecendo hasta  convertirse no actual  INTERNET. O  modelo  TCP/IP  diseñouse o contrario que o OSI, primeiro especificáronse os protocolos e despois definéuse o modelo cos protocolos xa existentes. Por este motivo é máis simple, pero para estudar arquitecturas de rede úsase o OSI porque está mellor diseñado e é mais coherente.

  • Estándares de Internet IETF: qué é, qué fai.

IETF (“Internet Engineering Task Force”, Grupo de Trabajo  en Ingeniería de Internet). E unha organización de estandarización.  Propoñen as recomendacións dos RFC`s, e actúa en diferentes aspectos coma o transporte, o encamiñamento ou a seguridad.

RFC`s : Son documentos donde se detalla todo o relacionado coa tecnoloxía da que se sirve Internet ( protocolos, recomendacións, comunicacións, etc.). Todo o estándar TCP/IP, está publicado en RFC`s . Están feitos para facer compatibles distintos programas entre sí , o que nos permite ofrecer o mesmo servicio usando distintas aplicacións. Os RFCs ´pódense clasificar en 5 grupos: 1:  Required, que deben emplear todas as máquinas que usen o protocolo TCP/IP.  2: Recommended: son os que se recomenda que teñan todas as máquinas. 3:  Elective, é opcional e non moi usada. 4:  Limited Use, é de uso limitado, é está pensado  para poucas máquinas. 5:  Not recommended, non está recomendado o seu uso.  Estes grupos  teñen que pasar por 3  niveis de maduración: proposta, borrador e Internet Standar.

  • Capas e protocolos do modelo TCP/IP

O modelo TCP/IP,  divídese en  capas ou niveis que según os autores poden ser 4 ou 5 . Pódense considerar válidas as dúas divisións e as 5 capas corresponden coas mesmas do modelo OSI da seguinte forma:

          5.  Nivel de aplicación: correspóndese coas funcións da capa OSI de aplicación, de presentación e boa parte da de sesión.

          4.  Nivel de transporte: correspóndese coa capa de transporte e algunhas funcións da de sesión do modelo OSI.

          3.  Nivel de rede: correspóndese coa capa de rede do modelo OSI.

          2.  Nivel de enlace:  correspóndese co modelo de enlace do modelo OSI.

          1.  Nivel físico: correspóndese coa capa física do modelo OSI.

     CAPA  Nº 5:  APLICACIÓN

Dentro deste nivel resólvense todas as características relacionadas coa interfaz do usuario e defínese a funcionalidade da aplicación de rede, implementándose  na súa totalidade por software. E importante a interfaz co usuario porque é a parte que interconecta con el ocultándolle os problemas que poden surxir na comunicación. Do seu diseño depende  o éxito da aplicación de rede que o usuario esté usando. Características importantes no seu diseño son: entorno amigable, cómodo, eficiente, fácil de utilizar, etc. Na actualidade existen dous tipos de interface; modo consola ou de línea de comandos (“LUI”  Interface de Usuario mediante Línea de comandos e “GUI”, Interface Gráfica de Usuario); a interface por comandos úsase cada vez menos porque é máis dificil de utilizar pero é máis rápida e eficiente. Dentro deste nivel  prográmase a función de rede que vai a desempeñar a aplicación: control de equip remoto, mensaxería electrónica, transferencia de ficheiros ,etc. Para levar a cabo estas funcións débense seguir uns protocolos( protocolos de rede son un conxunto de reglas que controlan a secuencia de accións  que pasan durante unha comunicación entre entidades pares , encarganse de aspectos coma a sintaxis das mensaxes intercambiadas, extratexias para a detección e corrección de erros, técnicas de control de fluxo, seguridade na conexión coma o cifrado de mensaxes e control no establecemento e final da comunicación ) previamente establecidos entre o emisor e o receptor.

Os protocolos máis destacados son:

TELNET

Foi o primeiro protocolo que se creou e surxíu tras a necesidade de controlar equipos informáticos remotamente sin a necesidad de ter que desplazarse o lugar donde está o equipo que queremos intervir. Este protocolo está en desuso debido os  problemas de seguridade  que presenta sendo sustituído por outros protocolos como “SSH” (Secure  SHell ) que se caracteriza por usar técnicas de cifrado que fan que a información que viaxa a traves do canal de comunicacións o faga de forma segura. A súa especificación encóntrase no RFC- 854/855.

HTTP

“‘Protocolo de Transferencia de Hipertexto” , é o protocolo empregado polo servicio ” WWW” (Wordl Wide Web) para a transferencia de sitios Web. Denomínase hipertexto porque a información que transmite non é so texto sinón que ten tamén imaxes, sons , etc que  a poden acompañar. A súa especificación atópase no RFC- 2616.

FTP

“Protocolo par a Transferencia de Ficheiros”, é o protocolo utilizado polas aplicacións encargadas de levar a cabo o intercambio de ficheiros entre equipos distantes conectados a rede. A súa especificación atópase no RFC -956.

SMTP

“Protocolo Simple de Transferencia de Correo Electrónico” , foi o primer diseño que se creou para ARPANET  coa finalidade de intercambiar correos electrónicos. E o protocolo empregado entre servidores de correo coa finalidade de transferir o correo electrónico o servidor destinatario. A súa especificación atópase no RFC- 821/822.

POP

“Protocolo de Oficina de Correos” . A súa aparición é posterior  o “SMTP” , caracterízase por non necesitar unha conexión permanente a Internet xa que as súas mensaxes son almacenadas  nun servidor de correo que nos permite leer as mensaxes en calquer momento, unha vez conectados ó servidor. A súa especificación atópase no RFC- 1725.

SNMP

“”Protocolo Simple para a Xestión de Redes”, é un protocolo moi utilizado para a administración e xestión  remota dos dispositivos de rede ( SWITCH, ROUTER,  ou servidores). A súa especificación  está no RFC-1157.

DNS

(“Domain Name Server ” o “Domain Name System”). E o protocolo encargado de realizar a conversión de nomes de dominio a dirección IP pero tamén pode levar a a cabo a operación inversa (informar sobre que nome de dominio se corresponde cunha determinada IP . Dícese que resolve nomes de dominio. Isto é moi útil xa que a un usuario informático elle máis fácil aprender un nome de dominio( por exemplo: “Google .com”)  que non a dirección IP  da máquina que ofrece o servicio. A súa especificación esta no RFC- 1034/1035.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: